domingo, 17 de maio de 2020

luns, 11 de maio de 2020

martes, 28 de abril de 2020

venres, 24 de abril de 2020


Poema colectivo elaborado por 1º ESO E

O que quero facer cando poida saír....

QUERO que tod@s festexemos
e xuntos xoguemos.
Quero correr polos parques
mentres ti as risas compartes.
Quero que vaiamos á praia
e tomemos xeados na toalla.
Quero que nademos nas praias
e que patinemos sen que caias!
Quero que cantemos todos ao son do tambor,
quero que partamos cara ao nosos soños.
Quero e necesito xa aos meus amig@s ver.
É imposible que xamais os deixe de querer...

Vida, Life, Spiritual, Respirar, MarManos, Amistad, Amigos, Niños, Diversión

martes, 14 de abril de 2020

3º Trimestre

Ola a todas e a todos, 

 Comeza o terceiro trimestre! Mentres non saibamos que vai pasar coa avaliación e agardamos as instrucións da Consellería, imos repasar un pouco! 
 Ao longo do día de hoxe estou mandando correos electrónicos aos meus grupos con tarefas programadas para esta semana. De todos xeitos, irei publicando todo tamén aquí a modo de páxinas por grupos, na barra de enriba. 

 Espero que sigades ben e con ánimo :) 
Déixovos aquí a canción de Guadi Galego coa que fixemos o video do outro día!


venres, 3 de abril de 2020

2º ESO Galego Solucións actividades 27 de marzo

Ola a tod@s!

Aquí tedes a solucións dos últimos exercicios. Quen me enviou o texto co resumo, devolvereino corrixido proximamente :)

Agora, a descansar uns días!



1º ESO Galego Solucións Actividades 27 de marzo

Ola a tod@s! 

 Déixovos por aquí as solucións das actividades de vocabulario que fixestes. Espero que vos saisen ben!

Aínda estades a tempo de contarme de practicastes a poesía :)



martes, 31 de marzo de 2020

Castelán: Máis tarefas 1º ESO C

Ola a tod@s! 

 Que tal? Espero que sigades ben :) 

 Como a maioría xa me entregou todo o que propuxen... Podemos facer algúns exercicios máis de repaso! Lede o texto "Petit-Crú" da páxina 145 do libro de texto e facede os exercicios desa páxina, do 1 ao 10. 
 Se tedes algunha dúbida, escribídeme a linguagalegarosalia@gmail.com





xoves, 26 de marzo de 2020

AVISO 3º A, B, C

Aviso para o alumnado de 3º A-B- C: 


 A partir de hoxe debes entrar no blog da profesora Matilde Mosquera onde atoparedes as instrucións para continuar co voso proceso de aprendizaxe:

 https://terdeman.blogspot.com


A comunicación con ela seguirá realizándose a través do seu correo.

mércores, 18 de marzo de 2020

2ºD Castelán

ATENCIÓN aos vosos mails! Acabo de enviar o esquema a seguir para realizar o traballo do libro de lectura.

Prazo de entrega: 27 de marzo.

Resultado de imaxes para: cuando hitler robó el conejo rosa

Tod@s

Xa vistes a última entrada do blog da Biblioteca de Moas? Hai un enlace onde se mostran páxinas onde podemos acceder a libros e películas de forma gratuita!

http://bibliomoas.blogspot.com/2020/03/covid-19-propostas-para-pasar-o.html

3º D Pronomes

Exercicios repaso de pronomes:
 https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/pronome.htm

Videos sobre colocación de pronomes:









Seguindo cos PRONOMES.... Alguén se atreve a completar o seguinte xogo?

https://view.genial.ly/5e60033445d9ae0fc6f83df1/game-breakout-breakpronome

Está sacada dun proxecto educativo chamado http://aulasgalegas.org/

luns, 16 de marzo de 2020

:)

Ola a todas e a todos,

Como vedes, acabo de publicar as instrucións para cada un dos meus grupos e mais para os outros grupos de 1º, 2º e 3º de lingua galega.

Lembrade que a comunicación con cada profesora debe facerse a través dos nosos enderezos electrónicos, xa publicados nas entradas anteriores.

Un consello importante: hai que tomar todo isto con calma. Non sabemos canto tempo vai durar esta situación, polo que debemos estar o máis calmadas e entretidas posible. Estou vendo que algúns e algunhas de vós xa me estades mandando moitos exercicios feitos. Ide con calma. Procurade ir facendo todo ao ritmo que levariamos na aula.
Quedan moitos días por diante. Aproveitade para ler, debuxar, ver algunha película...
Se queredes algunha recomendación de lecturas que poidamos atopar na rede, contactade comigo e intentarei facer unha listaxe por niveis!

Moito ánimo :)

Rosalía.

Lengua castellana_2º ESO D

Comunicación con la profesora a través del correo electrónico: linguagalegarosalia@gmail.com


2º ESO D

- Libro de lectura Cuando Hitler robó el conejo rosa
Teniendo en cuenta que la prueba sobre el libro se iba a realizar el lunes 16 de marzo, se abrirá en el blog una entrada específica sobre la lectura para que el alumnado deje sus comentarios. Además se propondrán varias preguntas que el alumnado puede completar y enviar a modo de trabajo.
- REPASO Tema 6
Ejercicios 1-8 página 125.

TEMA 7
- Producción textual: Como ya hemos trabajo con los tipos de texto según la intención del emisor, a modo de práctica el alumno debe realizar de forma individual el ejercicio 5 de la página 131 (mínimo 15 líneas)
- Literatura: estrofas y poemas.
Se publicará en el blog una presentación esquemática del contenido de las páginas 140 y 141. A partir de ese contenido, se hará la lectura de los poemas de las páginas 142 y 143 y sus respectivos ejercicios.

Lengua castellana_1º ESO C


Comunicación con la profesora: a través del correo electrónico linguagalegarosalia@gmail.com

Con el fin de mantener, dentro de lo posible, el ritmo de aprendizaje y trabajo, se propondrán las siguientes tareas para las próximas semanas:

1º ESO C

- El adjetivo
Tratándose de un contenido ya estudiado anteriormente por el alumnado, la profesora publicará en el blog una presentación que resuma el tema y se harán algunos ejercicios a modo de práctica (libro de texto páginas 136, 137 y 138, ejercicios 1, 5, 7, 8, 9)

- REPASO Estudio de la lengua: Ejercicios 1-7 página 139.

- Literatura: la leyenda y el mito
Asimismo, en el blog se subirán diversos textos y presentaciones sobre este contenido y se propondrá la siguiente tarea:

- Lectura y resúmenes de los textos Odiseo y Circe y La joven loba, en las páginas 142 y 143
- Creación de una leyenda (Saber Hacer, página 143) (alrededor de 20 líneas)


1º ESO Lingua Galega


TRABALLO PARA 1º ESO: SEMANA DO 16- 27 DE MARZO

Escollemos exercicios de comprensión e expresión, así como de repaso da materia para que o alumnado poida realizar autonomamente as actividades na casa e na vindeira semana enviaremos as correccións para que cada un deles/as se autocorrixa.

A) NO 2º VOLUME DO LIBRO DE TEXTO: TEMA 7. "Lectura"
TEXTO: PACHÍN: PÁXS 116-117: Exercicios do 1 ao 7 da páx.118

O alumnado realizara autonomamente as actividades na casa e na vindeira semana enviaremos as correccións para que cada un deles/as se autocorrixa.


B) PALABRAS HOMÓNIMAS: páx. 121. Exercicios do 1 ao 7
ORTOGRAFÍA: páx. 124 e 125: Do 1 ao 8


C) ENVIAR SÓ ESTE TRABALLO :
No tema 6, na páxina 109 trátase o tema das lendas, que son e as súas características. Pídese ELABORAR UNHA LENDA atendendo a eses elementos enumerados: espazo, tempo, personaxes, finalidade. 150 palabras, admítese ata 200.

ENTREGA POR CORREO ELECTRÓNICO
Enviar o texto final cos datos persoais de cada alumno dentro do documento, cun título e en formato de procesador de textos ou pdf.

PRAZO: 27 venres
Cada alumno/a enviarao por correo electrónico á súa profesora de Lingua Galega:


Carme Manso (1º A): carmegalegomoas@gmail.com
Ana I Martínez (1º C):remoealingua@gmail.com
Rosalía Ferreiro (1ºB ): linguagalegarosalia@gmail.com
Matilde Mosquera (1º D)matildemosqueraclases@gmail.com,
Leli Villamil:(1º Reforzo)lelilinguagalega@gmail.com





2º ESO Lingua galega


TRABALLO PARA 2º ESO: do 16 ao 27 de marzo 2020.

Escollemos exercicios de repaso da materia para que o alumnado poida realizar autonomamente as actividades na casa e na vindeira semana enviaremos as correccións para que cada un deles/as se autocorrixa.


A) NO 2º VOLUME DO LIBRO DE TEXTO: TEMA 6. "Aplica o que sabes"
TEXTO: A ARRASADEIRA: PÁXS 114-115: Exercicios do 1 ao 9.

B) VERBOS
EXERCICIOS DO 4 AO 7 que teñen a opción de autocorrixir na propia páxina.

C) ENVIAR SÓ ESTE TRABALLO : TEXTOS SOBRE OS FAROS DE GALICIA
Ler a seguinte páxina:

Elaborar un texto informativo descritivo sobre un dos faros ou das illas que conteña información tirada desta páxina:
- Situación
- Características máis salientables
- Información sobre a flora e a fauna na zona
- Outros datos de interese ou información persoal se visitastes a zona.
-200 palabras

ENTREGA POR CORREO ELECTRÓNICO
Enviar o texto final cos datos persoais de cada alumno dentro do documento, cun título e en formato de procesador de textos ou pdf.

Prazo entrega: venres 27 marzo 2020


Cada alumno/a enviarao por correo electrónico á súa profesora de Lingua Galega:


Carme Manso (2º D): galegocarmemoas@gmail.com
Ana I Martínez ( 2º E):remoealingua@gmail.com
Rosalía Ferreiro (2º de Reforzo): linguagalegarosalia@gmail.com
Matilde Mosquera (2º A-B) matildemosqueraclases@gmail.com


Grupos de 3º ESO Lingua galega

3º ESO 

Ante a nova situación creada pola alerta sanitaria, O DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA do IES Monte das Moas FAI AS SEGUINTES PROPOSTAS DE ACTIVIDADES:

Para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios, o profesorado comunicarase con cada grupo a través das seguintes canles nas que terán acceso ás instrucións, aos traballos encomendados e aos correos das profesoras. Paulatinamente iranse enviando solucións aos traballos, posibles correccións e novas instrucións.

Os grupos de 3º ESO A, B e C comunicaranse coa profesora a través do enderezo electrónico matildemosqueraclases@gmail.com 

O grupo 3º ESO D comunicarase coa profesora a través do enderezo electrónico linguagalegarosalia@gmail.com.

As tarefas previstas para as próximas semanas son:

Gramática
Como xa traballamos en todas as clases sobre o PRONOME PERSOAL (tónico, átono, colocación do pronome átono, etc), o alumnado poderá practicar os seus coñecementos e realizar unha autocorrección a través dos exercicios interactivos presentes no seguinte enlace: https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/pronome.htm

Produción textual
O profesorado propón traballar arredor do texto teatral, tal e como fixemos nas anteriores semanas. Para repasar este contido, repasaranse as características desta tipoloxía textual (páxina 170 do libro do texto) e aplicaranse a un pequeno texto de creación. Para iso, propoñemos o exercicio da páxina 188 (lectura dun conto e posterior reescritura en forma de diálogo teatral)

Literatura
As profesoras colgarán nos seus respectivos blogs un esquema de repaso relativo ao xa explicado nas aulas sobre a literatura galega do século XIX. Cada profesora, ademais, propoñerá algún comentario de texto ou outras actividades relacionadas co contido literario.

**As profesoras poderán ir engadindo material ou traballo complementario.

venres, 13 de marzo de 2020

Benvida ao blog!

Ola a todas e a todos!

Creamos este blog por mor da suspensión de aulas durante 14 días no mes de marzo nos centros de ensino de Galicia.

A través de aquí, poderemos seguir compartindo material, información, traballos.... para non perder o ritmo!

Nos próximos días irei colgando enlaces relacionados coas materias Lingua galega e Lengua castellana. Cada un dos meus grupos terá un apartado onde se intentará manter ao día a asignatura. Tamén haberá a opción de enviarme traballos, redaccións e outras tarefas.

Unha aperta, e vémonos á volta! :)

Rosalía Ferreiro