martes, 14 de abril de 2020

3º Trimestre

Ola a todas e a todos, 

 Comeza o terceiro trimestre! Mentres non saibamos que vai pasar coa avaliación e agardamos as instrucións da Consellería, imos repasar un pouco! 
 Ao longo do día de hoxe estou mandando correos electrónicos aos meus grupos con tarefas programadas para esta semana. De todos xeitos, irei publicando todo tamén aquí a modo de páxinas por grupos, na barra de enriba. 

 Espero que sigades ben e con ánimo :) 
Déixovos aquí a canción de Guadi Galego coa que fixemos o video do outro día!


Ningún comentario:

Publicar un comentario