luns, 16 de marzo de 2020

Grupos de 3º ESO Lingua galega

3º ESO 

Ante a nova situación creada pola alerta sanitaria, O DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA do IES Monte das Moas FAI AS SEGUINTES PROPOSTAS DE ACTIVIDADES:

Para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios, o profesorado comunicarase con cada grupo a través das seguintes canles nas que terán acceso ás instrucións, aos traballos encomendados e aos correos das profesoras. Paulatinamente iranse enviando solucións aos traballos, posibles correccións e novas instrucións.

Os grupos de 3º ESO A, B e C comunicaranse coa profesora a través do enderezo electrónico matildemosqueraclases@gmail.com 

O grupo 3º ESO D comunicarase coa profesora a través do enderezo electrónico linguagalegarosalia@gmail.com.

As tarefas previstas para as próximas semanas son:

Gramática
Como xa traballamos en todas as clases sobre o PRONOME PERSOAL (tónico, átono, colocación do pronome átono, etc), o alumnado poderá practicar os seus coñecementos e realizar unha autocorrección a través dos exercicios interactivos presentes no seguinte enlace: https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/pronome.htm

Produción textual
O profesorado propón traballar arredor do texto teatral, tal e como fixemos nas anteriores semanas. Para repasar este contido, repasaranse as características desta tipoloxía textual (páxina 170 do libro do texto) e aplicaranse a un pequeno texto de creación. Para iso, propoñemos o exercicio da páxina 188 (lectura dun conto e posterior reescritura en forma de diálogo teatral)

Literatura
As profesoras colgarán nos seus respectivos blogs un esquema de repaso relativo ao xa explicado nas aulas sobre a literatura galega do século XIX. Cada profesora, ademais, propoñerá algún comentario de texto ou outras actividades relacionadas co contido literario.

**As profesoras poderán ir engadindo material ou traballo complementario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario