venres, 13 de marzo de 2020

Benvida ao blog!

Ola a todas e a todos!

Creamos este blog por mor da suspensión de aulas durante 14 días no mes de marzo nos centros de ensino de Galicia.

A través de aquí, poderemos seguir compartindo material, información, traballos.... para non perder o ritmo!

Nos próximos días irei colgando enlaces relacionados coas materias Lingua galega e Lengua castellana. Cada un dos meus grupos terá un apartado onde se intentará manter ao día a asignatura. Tamén haberá a opción de enviarme traballos, redaccións e outras tarefas.

Unha aperta, e vémonos á volta! :)

Rosalía Ferreiro

Ningún comentario:

Publicar un comentario