luns, 16 de marzo de 2020

2º ESO Lingua galega


TRABALLO PARA 2º ESO: do 16 ao 27 de marzo 2020.

Escollemos exercicios de repaso da materia para que o alumnado poida realizar autonomamente as actividades na casa e na vindeira semana enviaremos as correccións para que cada un deles/as se autocorrixa.


A) NO 2º VOLUME DO LIBRO DE TEXTO: TEMA 6. "Aplica o que sabes"
TEXTO: A ARRASADEIRA: PÁXS 114-115: Exercicios do 1 ao 9.

B) VERBOS
EXERCICIOS DO 4 AO 7 que teñen a opción de autocorrixir na propia páxina.

C) ENVIAR SÓ ESTE TRABALLO : TEXTOS SOBRE OS FAROS DE GALICIA
Ler a seguinte páxina:

Elaborar un texto informativo descritivo sobre un dos faros ou das illas que conteña información tirada desta páxina:
- Situación
- Características máis salientables
- Información sobre a flora e a fauna na zona
- Outros datos de interese ou información persoal se visitastes a zona.
-200 palabras

ENTREGA POR CORREO ELECTRÓNICO
Enviar o texto final cos datos persoais de cada alumno dentro do documento, cun título e en formato de procesador de textos ou pdf.

Prazo entrega: venres 27 marzo 2020


Cada alumno/a enviarao por correo electrónico á súa profesora de Lingua Galega:


Carme Manso (2º D): galegocarmemoas@gmail.com
Ana I Martínez ( 2º E):remoealingua@gmail.com
Rosalía Ferreiro (2º de Reforzo): linguagalegarosalia@gmail.com
Matilde Mosquera (2º A-B) matildemosqueraclases@gmail.com


Ningún comentario:

Publicar un comentario