3º ESO
Ante a nova situación creada pola alerta sanitaria, O DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA do IES Monte das Moas FAI AS SEGUINTES PROPOSTAS DE ACTIVIDADES:
Para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios, o profesorado comunicarase con cada grupo a través das seguintes canles nas que terán acceso ás instrucións, aos traballos encomendados e aos correos das profesoras. Paulatinamente iranse enviando solucións aos traballos, posibles correccións e novas instrucións.
Os grupos de 3º ESO A, B e C comunicaranse coa profesora a través do enderezo electrónico matildemosqueraclases@gmail.com
As tarefas previstas para as próximas semanas son:
- Gramática
- Produción textual
O profesorado propón traballar arredor do texto teatral, tal e como fixemos nas anteriores semanas. Para repasar este contido, repasaranse as características desta tipoloxía textual (páxina 170 do libro do texto) e aplicaranse a un pequeno texto de creación. Para iso, propoñemos o exercicio da páxina 188 (lectura dun conto e posterior reescritura en forma de diálogo teatral)
- Literatura
As profesoras colgarán nos seus respectivos blogs un esquema de repaso relativo ao xa explicado nas aulas sobre a literatura galega do século XIX. Cada profesora, ademais, propoñerá algún comentario de texto ou outras actividades relacionadas co contido literario.
**As profesoras poderán ir engadindo material ou traballo complementario.