domingo, 17 de maio de 2020

luns, 11 de maio de 2020

martes, 28 de abril de 2020

venres, 24 de abril de 2020


Poema colectivo elaborado por 1º ESO E

O que quero facer cando poida saír....

QUERO que tod@s festexemos
e xuntos xoguemos.
Quero correr polos parques
mentres ti as risas compartes.
Quero que vaiamos á praia
e tomemos xeados na toalla.
Quero que nademos nas praias
e que patinemos sen que caias!
Quero que cantemos todos ao son do tambor,
quero que partamos cara ao nosos soños.
Quero e necesito xa aos meus amig@s ver.
É imposible que xamais os deixe de querer...

Vida, Life, Spiritual, Respirar, MarManos, Amistad, Amigos, Niños, Diversión

martes, 14 de abril de 2020

3º Trimestre

Ola a todas e a todos, 

 Comeza o terceiro trimestre! Mentres non saibamos que vai pasar coa avaliación e agardamos as instrucións da Consellería, imos repasar un pouco! 
 Ao longo do día de hoxe estou mandando correos electrónicos aos meus grupos con tarefas programadas para esta semana. De todos xeitos, irei publicando todo tamén aquí a modo de páxinas por grupos, na barra de enriba. 

 Espero que sigades ben e con ánimo :) 
Déixovos aquí a canción de Guadi Galego coa que fixemos o video do outro día!